Festa San Xoán

Actividades Anuais

Un calendario cheo de tradición para compartir durante todo o ano.

Actividades anuais

Benvidos ao espazo onde a nosa axenda cultural e social cobra vida. Cada ano, a Sociedade Galega Sementeira de Basilea organiza actividades para promover a nosa cultura, fomentar a integración e ofrecer un punto de encontro dinámico en Suíza. Explora as nosas citas anuais e revive as nosas tradicións fóra da terra!

Grupo folclórico "Semente" de Música e Danza
Evento de Todo o ano

Grupo folclórico "Semente" de Música e Danza

A Sociedade, dende hai máis de 35 anos, organiza e ofrece durante todo o ano e tres veces por semana, clases de gaita, pandeireta e danza, a adultos e nenos maiores de seis anos, divididas en diferentes grupos en función da idade e do nivel de coñecementos.

Festa do Entroido
Evento de Marzo

Festa do Entroido

A Sociedade organiza todos os meses de marzo, no local social de Sementeira, a tradicional Festa do Entroido. Os actos consisten nun “Xantar de Irmandade”, unha actuación do “Grupo Semente”, “Baile de Disfraces” e “Concurso de Disfraces” con premios para os mellores.

Celebración do Día da Nai
Evento de Maio

Celebración do Día da Nai

Todos os anos, no mes de maio, celebramos no local social da Sociedade o Día da Nai. Os actos consisten nun “Xantar de Irmandade” e, despois, unha actuación do “Grupo Semente” da nosa Sociedade.

Edición do Díptico Cultural do Día das Letras Galegas
Evento de Maio

Edición do Díptico Cultural do Día das Letras Galegas

Todos os anos, no mes de maio, editamos o Díptico do Día das Letras Galegas para conmemorar a celebración do Día das Letras Galegas, con contidos sobre a biografía e obra do autor ou autora homenaxeada.

Actos de Celebración do Día das Letras Galegas
Evento de Maio

Actos de Celebración do Día das Letras Galegas

Celebrase sempre no mes de maio, no local social da Sociedade e os actos consisten nunha conferencia impartida por unha persoa de prestixio sobre a obra e biografía do autor ou autora homenaxeado. Tamén unha actuación de música e danza galegas por parte do “Grupo Semente”, da nosa sociedade, un “Xantar de Irmandade” entre os participantes e presentes nos actos e a edición dun díptico informativo sobre a biografía e a obra literaria do autor homenaxeado.

Celebración do Día do Deporte Galego en Basilea-Festa do Fubito
Evento de Xuño

Celebración do Día do Deporte Galego en Basilea-Festa do Fubito

Esta é unha actividade que se ven a realizar dende hai mais de 40 anos e conta cunha enorme participación que chega a superar o milleiro de persoas, da que a meirande parte é mocidade. Celebrase durante dous días, sábado e domingo, no mes de xuño e participan arredor de 15 equipos divididos en tres categorías: cativos, mozos e senior. Sempre ten lugar nas instalacións de Sandgruben e, como complemento do programa deportivo, tamén hai actuacións folclóricas e festa popular pola noite.

Edición do Boletín-Programa do Día de Galicia en Basilea-Festa do San Xoán
Evento de Xuño

Edición do Boletín-Programa do Día de Galicia en Basilea-Festa do San Xoán

Coincidindo coa celebración do Día de Galicia en Basilea-Festa do San Xoán no mes de xuño, editamos o Boletín-Programa da festa, que conta con arredor de 40 páxinas cheas con informacións, o programa de actos e moitos artigos periodísticos e culturais de interese.

Celebración do Día de Galicia en Basilea-Festa de San Xoán
Evento de Xuño

Celebración do Día de Galicia en Basilea-Festa de San Xoán

Festa tradicional galega de forte implantación na sociedade de Basilea xa que conta cunha longa historia de participación popular de case 40 anos. Celébrase durante o viernes, sábado e domingo mais preto ao 24 de Xuño de cada ano e ten lugar na céntrica praza Claramatte de Basilea. O programa cultual é moi amplo, con concertos musicais, actuacións de baile tradicional, activities para nenos, bailes, xantares de irmandade, etc. É una festa que goza dunha gran afluencia de público, que superan os milleiros de persoas ao longo dos tres días de celebración.

Festa do Magosto
Evento de Novembro

Festa do Magosto

Cada ano, no mes de novembro, celebramos a festa do Magosto no local social de Sementeira. Consiste nun “Xantar de Irmandade” e, despois, unha actuación do Grupo Semente da nosa Sociedade.

Festa de Socios da nosa Sociedade
Evento de Decembro

Festa de Socios da nosa Sociedade

Todos os anos, no mes de decembro, celebramos a festa de socios da Sociedade. Normalmente o lugar é unha sala externa, como puede ser a Kuspo en Münchestein, e contamos coa actuación de algún grupo musical ou de teatro galegos de relevancia, como foron Mercedes Peón, Ses, A Quenlla, Roi Casal, Cándido Pazó, etc. Tamén hai unha actuación do “Grupo Semente” da nosa Sociedade e un Xantar de Irmandade.

Cea e Festa de Fin de Ano
Evento de Decembro

Cea e Festa de Fin de Ano

A Sociedade organiza, cada 31 de decembro, a tradicional festa de fin de ano co obxecto de oferecerlle aos socios e amigos da Sociedade a posibilidade de desfrutar dunha cea de irmandade nunha data tan sinalada.