
A Sociedade
Espallando e preservando a nosa cultura dende 1981
A Sociedade
A Sociedade Galega Sementeira naceu en xaneiro de 1981, nun momento en que a comunidade galega en Basilea sentía a necesidade de ter un espazo de seu. Non só para recordar a terra, senón para vivilo, compartilo e proxectalo cara ao futuro. O que comezou como un soño de unión hoxe é unha realidade consolidada que serve de ponte entre as nosas raíces e a nosa vida en Suíza.
Sementando desde 1981
A nosa andaina cultural arrancou oficialmente o 28 de marzo de 1981 cunha homenaxe a Castelao, un acto que definiu dende o principio o noso compromiso coa identidade galega.
- Pioneiros na lingua: Fomos a primeira asociación da zona en redactar os seus estatutos integramente en galego.
- Referencia cultural: Ao longo destes máis de 40 anos, pola nosa sede pasaron conferenciantes, intelectuales, escritores, artistas, políticos e, sobre todo, miles de galegos e galegas que atoparon en Sementeira o seu fogar lonxe do fogar.

A vida na Sementeira non para. O noso obxectivo é que Galicia estea presente en Basilea a través de:
- Música e Baile Tradicional: O noso Grupo Semente, onde o son da gaita e o movemento do baile manteñen viva a nosa esencia.
- Lingua e Cultura: Promovemos o uso do galego, celebramos o Día das Letras Galegas e organizamos charlas sobre a nosa historia e literatura e ofrecemos unha biblioteca para perderse nas nosas letras.
- Convivencia: Dende a Festa do Fubito e a do San Xoán, pasando polo Entroido, ata o Magosto, festexamos xuntos as nosas tradicións.
- Integración: Somos un espazo aberto que dialoga coa sociedade suíza, mostrando con orgullo quen somos.
- Punto de encontro onde a zona social, o bar e o restaurante do noso local social convidan a compartir unha charla, un café, un xantar e moitas lembranzas.
Fotos do local social
Un espazo para o ocio e a cultura.


